Xa comezou o novo curso e, con el, o club de lectura. O mércores teremos a nosa primeira reunión, non o esquezas!!
mércores, 30 de outubro de 2019
NOVO CURSO
Un curso máis estamos aquí, polo que convocamos a todo o alumnado para que se anote no club de lectura. Temos moitas actividades preparadas para vós. ANOTÁDEVOS!!

mércores, 26 de xuño de 2019
POSTA EN COMÚN E PRESENTACIÓN
O día 9 de maio reunímonos para realizar unha posta en común sobre distintas cuestións relacionados coa obra Tras a sombra do bruxo: autor, outras novelas ambientadas no continente africano e aspectos destacados da súa cultura, tradicións e costumes.
Reflexionamos sobre algúns temas desta obra de ficción e valoramos a súa importancia. De entre todos eles, destacamos: a necesidade do respecto ao medio ambiente, a tolerancia e a solidariedade (valores imprescindibles da nosa sociedade), o respecto á diversidade cultural, a importancia da familia, a amizade, o amor adolescente...
Na parte creativa, os lectores e lectoras presentaron e comentaron os deseños que plasmaban o máis salientable da obra de Francisco Díaz Villares.
Para concluír, o alumnado de 4º da ESO realizou unha presentación-sinopse de O que sei do silencio, para o resto de compañeiros e compañeiras do club de lectura. Esta obra espertou grande interese e permitíunos afondar no tema do acoso escolar desde unha nova perspectiva: a dunha acosadora pasiva.
luns, 15 de abril de 2019
NOVAS LECTURAS
NOVAS LECTURAS
O xoves 11 de abril fixemos a presentación das nosas próximas lecturas. Os títulos elixidos foron:
Tras a sombra do bruxo de Francisco Díaz Valladares.
Tras a sombra do bruxo de Francisco Díaz Valladares.
O que sei do silencio de Andrea Maceiras.
Esperamos que sexan do voso agrado e que vos resulten unhas lecturas pracenteiras, reflexivas e moi produtivas.😍
martes, 12 de marzo de 2019
CUARTA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA
O pasado 28 de febreiro celebramos unha nova reunión do Club de Lectura para compartir as nosas impresións sobre a película Campeones e comparala coa obra Mi hermano persigue dinosaurios.
Campeones tivo unhas excelentes críticas por parte dos nosos lectores e lectoras. A acollida non puido ser mellor.
Na posta en común destacaron os valores que transmite e toda a tenrura e emoción que desprenden os seus protagonistas.
Escollemos o noso personaxe favorito e relacionámolo con algúns dos temas do filme (o poder curativo da amizade e do amor, a necesidade da inclusión social, a importancia e valor do humor, a superación dos medos e das fobias o amor polos animais, a solidariedade e o repecto como piar fundamental da sociedade ...).
Concluímos a reunión realizando unha ficha didáctica da película e rematamos cunha posta en común na que destacamos as reflexións e ensinanzas que nos achegaron estas dúas fermosas historias.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








