xoves, 26 de outubro de 2017


MECANOSCRITO DA SEGUNDA ORIXE 
É A PRIMEIRA LECTURA DO CLUBE 17/18

Mecanoscrito da segunda orixe é unha novela de ciencia ficción escrita por Manuel de Pedrolo e publicada en 1974, escrita orixinalmente en catalán co título de Mecanoscrit del segon origen. Foi traducida ao galego por María Victoria Moreno e publicada por Galaxia en 1989.
Malia que non foi escrita especificamente para ese público, está considerada unha obra para o público xuvenil, entre o que ten unha grande acollida. É un dos libros máis lidos da literatura catalá, e foi traducida a diversos idiomas e reeditada en numerosas ocasións. Da versión en galego fixéronse 14 edicións (2010). Foi levada a televisión nunha serie de éxito producida e emitida por TV3 en 1985, e en 2015 foi levada ao cinema co título de Segon origen.


SINOPSE:
Alba é unha moza de 14 anos, e Dídac é un rapaz de 9, que viven en Benaura, unha vila rural catalá. Alba tirárase a rescatar a Dídac logo de que uns rapaces lle pegasen e o tirasen ao río por ser mulato. Xusto nese momento prodúcese un ataque alieníxena que extermina os mamíferos e destroza algúns edificios, pero eles dous logran sobrevivir ao estar baixo da auga...