mércores, 26 de xuño de 2019
POSTA EN COMÚN E PRESENTACIÓN
O día 9 de maio reunímonos para realizar unha posta en común sobre distintas cuestións relacionados coa obra Tras a sombra do bruxo: autor, outras novelas ambientadas no continente africano e aspectos destacados da súa cultura, tradicións e costumes.
Reflexionamos sobre algúns temas desta obra de ficción e valoramos a súa importancia. De entre todos eles, destacamos: a necesidade do respecto ao medio ambiente, a tolerancia e a solidariedade (valores imprescindibles da nosa sociedade), o respecto á diversidade cultural, a importancia da familia, a amizade, o amor adolescente...
Na parte creativa, os lectores e lectoras presentaron e comentaron os deseños que plasmaban o máis salientable da obra de Francisco Díaz Villares.
Para concluír, o alumnado de 4º da ESO realizou unha presentación-sinopse de O que sei do silencio, para o resto de compañeiros e compañeiras do club de lectura. Esta obra espertou grande interese e permitíunos afondar no tema do acoso escolar desde unha nova perspectiva: a dunha acosadora pasiva.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)