luns, 26 de xaneiro de 2015

BALA PERDIDA





     Nesta reunión tocou falar de BALA PERDIDA, de Manuel Rivas. Bonito libro, moi devertido e que tivo en vilo aos lectores e lectoras do club ata o final.


     Gustoume que o pirata devolvese o tesouro, comentaba unha rapaza mentres que outro respondía, eso demostra que o pirata ten bo corazón.

     Esas foron algunhas das aportacións sobre o libro dos lectores que aínda que son poucos, están moi entregados á causa. Felicidades.



A tarta de queixo con iogur de fresa foi obra de Paloma. RIQUÍSIMA.