venres, 10 de xuño de 2016

E CHEGAMOS Ó FINAL DE CURSO

O 1 de xuño tivemos a última reunión do noso club de lectura. "O vixía no centeo" deu para moito comentar...
Empezamos falando do difícil que resulta as veces ler no interior das persoas analizando a figura do protagonista da novela. Dende alí a conversación derivo a definir qué postura adoitamos a tomar cando lemos un libro: atá que punto nos metemos na historia?
Rematamos falando dos nosos libros favorito.
Foi un bonito peche de ciclo.
 Agora vos deixo con unha reseña que fixo un dos participantes compartindo a súa experiencia neste club de lectura.
 
Neste curso que agora remata, no Pedra da Auga deu comezo una nova actividade, diferente aos xa coñecidos torneos de fútbol sala ou baloncesto. As profesoras Pilar e Isabel esforzáronse por crear un clube de lectura no que todos os membros desfrutásemos da lectura, coñecésemos novos autores e onde todos puidésemos intercambiar opinións en cada reunión programada, sobre os relatos que se acordasen ler , sendo esta unha iniciativa gratuita para todos os participantes posto que as novelas podían terse alugado na biblioteca do centro e na que cada un le o libro no seu tempo de lecer.
Ao longo destes meses puxémonos na pel de diferentes persoaxes, dende Christopher Boone, un adolescente que nos mostra as dificultades de sufrir o síndrome de Asperger no libro “O curioso incidente do can a media noite” de Mark Haddon, ate Holden Caulfield un rapaz rebelde ao que expulsan por enésima vez dun instituto e que narra todos os acontecementos dende que decide escapar do internado ate que volta a súa casa no “Vixía entre o centeo” de  J. D. Salinger, sendo este un dos libros importantes no século XX en Estados Unidos pola linguaxe empregada e polos temas tratados.
Pero sen dúbida, entre todos as novelas escollidas houbo una que acaparou os eloxios de todos os membros que participamos nesta actividade, e esa foi “Matar a un ruiseñor” de Harper Lee, onde os valores que mostra o avogado Atticus Finch, a inocencia de Scout Finch e a valentía de Jem Finch xunto coa forma de tratar o racismo, e a diferenza social son unha lección que traspasa o tempo, moi recomendábel nos días de hoxe onde a sociedade peca de soberbia e prexuizos.
Pero non só nos adicamos a interactuar sobre os libros lidos entre todos, o intercambio de opinións sobre grandes autores como García Márquez, Oscar Wilde, ou o gran Scott Fitzgerald e a recomendación de novelas de distintos xéneros e diferentes épocas tamén foron un tema habitual nos coloquios realizados.
Sen dúbida esta foi unha actividade diferente, necesaria, entretida e que gostou a todos os membros que participamos nela, só cabe agardar que esta sexa a primeira edición de moitas máis onde participen tanto o alumnado como o corpo docente.
David Pino Masid
Alumno do Ciclo Superior de Administración e Finanzas


 Grazas a todos e ata o curso 16/17!!!!