mércores, 26 de xuño de 2019

POSTA EN COMÚN E PRESENTACIÓN

O  día  9 de maio reunímonos para realizar unha posta en común sobre  distintas cuestións relacionados coa obra Tras a sombra do bruxo: autor, outras novelas ambientadas no continente africano e aspectos destacados da súa cultura, tradicións  e costumes.



Reflexionamos sobre algúns temas desta obra de ficción e valoramos a súa importancia. De entre todos eles, destacamos: a necesidade do respecto ao medio ambiente, a tolerancia e a solidariedade (valores imprescindibles da nosa sociedade), o respecto á diversidade cultural, a importancia da familia, a amizade, o amor adolescente... 





Na parte creativa, os lectores e lectoras presentaron e comentaron os deseños que plasmaban o máis salientable da obra de Francisco Díaz Villares. 




Para concluír, o alumnado de 4º da ESO realizou unha presentación-sinopse de  O que sei do silencio,  para o resto de compañeiros  e compañeiras do club de lectura. Esta obra espertou grande interese  e permitíunos afondar no tema do acoso escolar desde unha nova perspectiva: a dunha acosadora pasiva.


De novo unha xornada moi especial!👏


Ningún comentario:

Publicar un comentario