O pasado 28 de febreiro celebramos unha nova reunión do Club de Lectura para compartir as nosas impresións sobre a película Campeones e comparala coa obra Mi hermano persigue dinosaurios.
Campeones tivo unhas excelentes críticas por parte dos nosos lectores e lectoras. A acollida non puido ser mellor.
Na posta en común destacaron os valores que transmite e toda a tenrura e emoción que desprenden os seus protagonistas.
Escollemos o noso personaxe favorito e relacionámolo con algúns dos temas do filme (o poder curativo da amizade e do amor, a necesidade da inclusión social, a importancia e valor do humor, a superación dos medos e das fobias o amor polos animais, a solidariedade e o repecto como piar fundamental da sociedade ...).
Concluímos a reunión realizando unha ficha didáctica da película e rematamos cunha posta en común na que destacamos as reflexións e ensinanzas que nos achegaron estas dúas fermosas historias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario