martes, 12 de marzo de 2019

CUARTA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

O pasado  28 de febreiro celebramos unha nova reunión do  Club de Lectura para compartir as nosas impresións sobre a película Campeones e comparala coa obra Mi hermano persigue dinosaurios. 



Campeones tivo unhas excelentes críticas por parte dos nosos lectores e lectoras. A acollida non puido ser mellor. 

Na posta en común destacaron os valores que transmite e toda a tenrura e emoción que desprenden os seus protagonistas. 

Escollemos o noso personaxe favorito e relacionámolo con algúns dos temas do filme (o poder curativo da amizade e do amor,  a necesidade da inclusión social, a importancia e valor do humor,  a superación dos medos e das fobias o amor polos animais, a solidariedade e o repecto como piar fundamental da sociedade ...).





Concluímos a reunión realizando unha ficha didáctica da película e rematamos cunha posta en común na que destacamos as reflexións e ensinanzas que nos achegaron estas dúas fermosas historias. 




mércores, 9 de xaneiro de 2019

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA


                                                                                      
  

O pasado día 5 de decembro celebramos a segunda reunión do Club de Lectura


Nun ambiente distendido e acolledor, falamos de novo do libro Mi hermano persigue dinosaurios e doutras obras literarias protagonizadas por irmáns/irmás. 📚 📗📚

Reflexionamos e valoramos o enriquecedor da relación cos nosos irmáns/irmás.




Para finalizar, comentamos o vídeo da entrevista a Giacomo Mazzariol. 🎬





















Unha xornada que de novo nos deixa unhas doces impresións e moitas ganas de continuar!
😊




martes, 4 de decembro de 2018



GIACOMO MAZZARIOL FALA DA SÚA OBRA


O autor de Mi hermano persigue dinosaurios explica como é  a relación co seu irmán e como esta foi cambiando segundo pasaba o tempo.

Finalizamos a reunión coa presentación e posterior comentario doutras obras literarias protagonizadas por irmáns/irmás.💬

xoves, 22 de novembro de 2018

      A  NOSA PRIMEIRA  PROPOSTA







Unha historia tenra e conmovedora que nos destaca o marabilloso da diversidade. Para escribila, Giacomo Mazzariol, non precisou inventar nada.












O punto de partida da obra foi este vídeo  protagonizado por Gionavani, irmán do autor.
           
 






 


xoves, 8 de novembro de 2018

CLUB DE LECTURA

                     
                                                                                           

PRESENTACIÓN E PRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

O ambiente na biblioteca non podía ser máis acolledor, houbo bica, libros e moito entusiasmo.  Así foi a primeira sesión do Club de Lectura o pasado día 29 de outubro.

Xornada de presentacións tanto para o noso alumnado como para as obras e actividades programadas.

Esperemos que os nosos lectores e lectoras gocen moito coa lectura e, sobre todo, co pracer de compartila no marco dun ambiente agradable e distendido.






Presentacións...
                                         .







                                   

                                      Vivencias literarias... 












     
Creatividade ...


A partir da portada da nosa primeira obra imaxinamos os posibles títulos.💬








mércores, 6 de xuño de 2018


ENCONTRO DE  ALFONSO  PEXEGUEIRO 

CO ALUMNADO DE BACHARELATO DO

CLUBE DE LECTURA DA AUGATECA

OS GRUPOS DE 1º DA ESO



O mércores 30 de maio foi un día moi especial para o IES Pedra da Auga de Ponteareas. O alunado de bacharelato do Clube de Lectura da Augateca e de primeiro da ESO, encontrouse co poeta ponteareán Alfonso Pexegueiro para comentar Blasfemias do silencio (de Seraogna aos Balcáns) e O lago das garzas azuis, respectivamente. 


Falouse de poesía como ferramenta para transformar o mundo, do conceito de poeta como aquel que ve o que outros non ven, da infancia como verdade perdurábel. Foi unha xornada intensa e chea de emocións. 


O termo poeta cobra sentido e medra coa olhada 
inmutabelmente sensíbel de Alfonso Pexegueiro, autor 
fundamental para as nosas letras e a nosa lingua propia ao 
que quixemos reconhecer na súa terra e desde a perspectiva
infanto-xuvenil.