martes, 20 de decembro de 2016

Celebración do club de lectura.

Este martes día 20 tivemos a primeira reunión do club de lectura Augateca.
Foi unha reunión divertida, agradable, na que tódolos alumnos que participaron encantoulles o libro escollido, El Valle de los lobos.

Disfrutando dun chocolate quente compartimos as aventuras da protagonista e fixemos unha pequena tertulia coa compañía da profesora de matemáticas Carmen.

Déixovos unhas fotos para que vexades que ven o pasamos nesta 1ª sesión.












Non dudedes en apuntarvos para a 2ª avaliación o club de lectura Augateca. 


 


mércores, 14 de decembro de 2016


O próximo día 20, o martes que ven, iniciamos as reunións do club de lectura cos alumnos de 2º e 4º da ESO.
Xa vos contarei que ven o pasamos!!!

 

martes, 13 de decembro de 2016

Os alumnos de PMAR xa teñen Club de lectura.


Hola lectores e lectoras do Pedra da Auga! desde 3º PMAR queremosvos adiantar que fixemos un club de lectura ó que pertence todo o grupo de valentes, oito mozos e dúas mozas, además da profe de lingua, iniciámonos co libro "El último trabajo del Sr. Luna" de César Mallorquí; 



Por agora o prota é un asasino a soldo que ten que matar a unha muller en España, estamos intrigados e estanos a engachar moito, xa os contaremos como acaba o libro, un saúdo.

mércores, 7 de decembro de 2016

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA



 APROXÍMASE A PRIMEIRA REUNIÓN DO 

 CLUB DE  LECTURA.


  
A NOSA CITA CO LIBRO  
 
  TERÁ LUGAR O MARTES  20 DE DECEMBRO ÁS 11.15 NA



 






DISFRUTAREMOS DAS AVENTURAS DE 
 
 DANA (unha das protagonistas do libro)   




COMPARTIREMOS TODAS AS EMOCIÓNS E OPINIÓNS DESTE LIBRO DISFRUTANDO DUN CHOCOLATE QUENTIÑO




 















domingo, 27 de novembro de 2016


AGORA QUE CHEGA O FRÍO E O MAL TEMPO 


APROVEITA PARA COLLER AS NOVEDADES NA BIBLIOTECA


E DISFRUTAR DAS TREPIDANTES AVENTURAS QUE NOS BRINDAN OS...





xoves, 17 de novembro de 2016

EL VALLE DE LOS LOBOS.

PRIMEIRA LECTURA DO CLUBE AUGATECA  


                  EL VALLE DE LOS  LOBOS.

Forma parte dunha emocionante triloxía  titulada Crónicas de la Torre I
.Neste libro a protagonista é Dana, unha moza granxeira, que é requerida por un misterioso Mestre e conducida á Torre, no remoto Valle de los Lobos. Tempo atrás, a Torre foi una brillante escola de alta feiticería pero hoxe apenas tres persoas habitan  nela. Ademais do propio Mestre e da cociñeira, o único aprendiz que estuda na Torre é un reservado elfo cun oscuro pasado. Pero a propia Dana tamén ten segredos. O seu carón está sempre Kai, o seu mellor amigo,confidente, protector… un neno a quen só ela pode ver. Mentras se inicia nos misterios da maxia ancestral da Torre, Dana descobre que sobre o lugar pesa unha antiga maldición.

Continúa a historia……….queres adiviÑar o que ocorre……………….


Ven a biblioteca colle o  libro e disfrutarás das trepidantes aventuras de Dana.



UNHA NOVIDADE NESTE MES DE NOVEMBRO: UN MONSTRO VÉN A VERME.


Trailer da película  Fai click para velo.
      Este mes de novembro traemos a nosa biblioteca un libro que está de novidade e actualidade polo seu estreno nos cines. Todo un éxito de público.


     A primeira sensación que temos o comenzar este libro é que estamos lendo unha historia de terror, pero realmente o que nos conta é unha trama realmente profunda, na que se mezcla dunha maneira xenial a fantasía coa crude realidade.


O protagonista deste libro é Connor, un rapaz de tan só 12 anos que terá que ocuparse de levar as rendas da súa casa, pois a súa nai está enferma de cáncer.  Así as cousas, o neno intentará superar os seus medos é fobias coa acuda dun monstro, pero as as súas fantasías terán que enfrentarse non só coa realidade, senón tamén coa súa fría e calculadora avoa.

Tal e como dice Ricardo Cuesta, “é un libro que che fará rir, chorar e sobre todo disfrutar”


Non o deixes pasar…… xa está disponible na biblioteca AUGATECA.