xoves, 17 de novembro de 2016

UNHA NOVIDADE NESTE MES DE NOVEMBRO: UN MONSTRO VÉN A VERME.


Trailer da película  Fai click para velo.
      Este mes de novembro traemos a nosa biblioteca un libro que está de novidade e actualidade polo seu estreno nos cines. Todo un éxito de público.


     A primeira sensación que temos o comenzar este libro é que estamos lendo unha historia de terror, pero realmente o que nos conta é unha trama realmente profunda, na que se mezcla dunha maneira xenial a fantasía coa crude realidade.


O protagonista deste libro é Connor, un rapaz de tan só 12 anos que terá que ocuparse de levar as rendas da súa casa, pois a súa nai está enferma de cáncer.  Así as cousas, o neno intentará superar os seus medos é fobias coa acuda dun monstro, pero as as súas fantasías terán que enfrentarse non só coa realidade, senón tamén coa súa fría e calculadora avoa.

Tal e como dice Ricardo Cuesta, “é un libro que che fará rir, chorar e sobre todo disfrutar”


Non o deixes pasar…… xa está disponible na biblioteca AUGATECA. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario