venres, 10 de xuño de 2016

E CHEGAMOS Ó FINAL DE CURSO

O 1 de xuño tivemos a última reunión do noso club de lectura. "O vixía no centeo" deu para moito comentar...
Empezamos falando do difícil que resulta as veces ler no interior das persoas analizando a figura do protagonista da novela. Dende alí a conversación derivo a definir qué postura adoitamos a tomar cando lemos un libro: atá que punto nos metemos na historia?
Rematamos falando dos nosos libros favorito.
Foi un bonito peche de ciclo.
 Agora vos deixo con unha reseña que fixo un dos participantes compartindo a súa experiencia neste club de lectura.
 
Neste curso que agora remata, no Pedra da Auga deu comezo una nova actividade, diferente aos xa coñecidos torneos de fútbol sala ou baloncesto. As profesoras Pilar e Isabel esforzáronse por crear un clube de lectura no que todos os membros desfrutásemos da lectura, coñecésemos novos autores e onde todos puidésemos intercambiar opinións en cada reunión programada, sobre os relatos que se acordasen ler , sendo esta unha iniciativa gratuita para todos os participantes posto que as novelas podían terse alugado na biblioteca do centro e na que cada un le o libro no seu tempo de lecer.
Ao longo destes meses puxémonos na pel de diferentes persoaxes, dende Christopher Boone, un adolescente que nos mostra as dificultades de sufrir o síndrome de Asperger no libro “O curioso incidente do can a media noite” de Mark Haddon, ate Holden Caulfield un rapaz rebelde ao que expulsan por enésima vez dun instituto e que narra todos os acontecementos dende que decide escapar do internado ate que volta a súa casa no “Vixía entre o centeo” de  J. D. Salinger, sendo este un dos libros importantes no século XX en Estados Unidos pola linguaxe empregada e polos temas tratados.
Pero sen dúbida, entre todos as novelas escollidas houbo una que acaparou os eloxios de todos os membros que participamos nesta actividade, e esa foi “Matar a un ruiseñor” de Harper Lee, onde os valores que mostra o avogado Atticus Finch, a inocencia de Scout Finch e a valentía de Jem Finch xunto coa forma de tratar o racismo, e a diferenza social son unha lección que traspasa o tempo, moi recomendábel nos días de hoxe onde a sociedade peca de soberbia e prexuizos.
Pero non só nos adicamos a interactuar sobre os libros lidos entre todos, o intercambio de opinións sobre grandes autores como García Márquez, Oscar Wilde, ou o gran Scott Fitzgerald e a recomendación de novelas de distintos xéneros e diferentes épocas tamén foron un tema habitual nos coloquios realizados.
Sen dúbida esta foi unha actividade diferente, necesaria, entretida e que gostou a todos os membros que participamos nela, só cabe agardar que esta sexa a primeira edición de moitas máis onde participen tanto o alumnado como o corpo docente.
David Pino Masid
Alumno do Ciclo Superior de Administración e Finanzas


 Grazas a todos e ata o curso 16/17!!!!



martes, 19 de abril de 2016

UN TÍTULO MAIS


Esta reunión foi moi literario. Encantounos a todos a novela de Harper Lee e estivemos investigando sobre a vida da escritora e a incidencia que tivo na súa obra. Estivemos tamén falando dos aspectos que coñecíamos da súa  segunda e última novela e sorprendeunos moito o que descubrimos nela. O curioso é que ninguén quere lela por medo á decepción

Proxima lectura : O vixía no centeo 



Reunión : 1 de xuño

Holden Caulfield, coñecendo que vai ser expulsado da escola, decide deixala antes. Pasa tres dias na cidade de Nova York e conta a historia do que fixo e sufriu. Narrada moi subxectivamente (o protagonista fai valoracións de todo canto relata), utilizando unha linguaxe propia da mocidade e facendo unhas analises da realidade mediatizadas pola peculiar personalidade do protagonista, a través do relato asistimos a fuxida cara adiante de Holden quen expulsado do seu elitista colexio, decide marcharse de ali e deambula polas ruas de Nova York queimando un tras outro os seus recursos de subsistencia. Personalidade nerviosa e sensible, Holden, na transición da adolescencia a madurez, enfrontase no decurso dunhas poucas horas cos grandes temas que preocupan a tódolos mozos: o seu lugar na sociedade, os valores que se afianzan e se desbotan, a actitude fronte a morte, o amor e outros sentimentos que suscita, a amizade, a iniciación o sexo..., contado todo con humor e unha extraordinaria intensidade narrativa, nun maxistral relato en primeira persoa.

venres, 19 de febreiro de 2016

E CONTINUAMOS...



Foi moi interesante e filosófica esta nova reunión do noso club. Intentamos expresar como reaccionamos ante a angustia, a dúbida, o sentimento de culpa... Dialogamos sobre os celos e a paixón amorosa, o amor posesivo, e acabamos afrontando o tema da violencia de xénero. Estivo francamente ben!

A lectura elexida par o mes de marzo  foi:


Jean Louise Finch evoca una época de su infancia en
Alabama, cuando su padre, Atticus, decidió defender
ante los tribunales a un hombre negro acusado de violar
a una mujer blanca. Novela de iniciación, Matar a un
ruiseñor muestra una comunidad, la del sur de Estados
Unidos durante la década de 1930, dominada por los
prejuicios raciales, la desconfianza hacia lo diferente y
la rigidez de los vínculos familiares y vecinales, así como
por un sistema judicial sin apenas garantías para la población
de color.


Reunión : 16- de marzo