Esta reunión foi moi literario. Encantounos a todos a novela de Harper Lee e estivemos investigando sobre a vida da escritora e a incidencia que tivo na súa obra. Estivemos tamén falando dos aspectos que coñecíamos da súa segunda e última novela e sorprendeunos moito o que descubrimos nela. O curioso é que ninguén quere lela por medo á decepción
Reunión
: 1 de xuño
Holden
Caulfield, coñecendo que vai ser expulsado da escola, decide deixala
antes. Pasa tres dias na cidade de Nova York e conta a historia do
que fixo e sufriu. Narrada moi subxectivamente (o protagonista fai valoracións de todo canto relata), utilizando unha linguaxe propia da
mocidade e facendo unhas analises da realidade mediatizadas pola
peculiar personalidade do protagonista, a través do relato asistimos
a fuxida cara adiante de Holden quen expulsado do seu elitista
colexio, decide marcharse de ali e deambula polas ruas de Nova York
queimando un tras outro os seus recursos de subsistencia.
Personalidade nerviosa e sensible, Holden, na transición da
adolescencia a madurez, enfrontase no decurso dunhas poucas horas cos
grandes temas que preocupan a tódolos mozos: o seu lugar na
sociedade, os valores que se afianzan e se desbotan, a actitude
fronte a morte, o amor e outros sentimentos que suscita, a amizade, a iniciación o sexo..., contado todo con humor e unha extraordinaria
intensidade narrativa, nun maxistral relato en primeira persoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario