venres, 20 de decembro de 2019

NOVO LIBRO

Na reunión do club comentamos o libro La fabuladora, de Marisol Ortíz de Zárate, que foi do agrado dos membros do noso club, polo que o recomendamos a calquera persoa que lle apeteza ler durante as festas e non saiba o que. 
Por outro lado, xa fixamos tamén o seguinte libro que imos ler: A miña planta de laranxa lima, de José Mauro de Vasconcelos. Este clásico da literatura brasileira, pero que nós imos ler en galego, é outra boa recomendación para este Nadal.
Nós xa comezamos a devorar lecturas:




martes, 17 de decembro de 2019

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA


O próximo xoves 19 de decembro ás 11:15 h teremos a reunión do Club de lectura na biblioteca para falar da novela La fabuladora, de Marisol Ortiz de Zárate. Non o esquezades!

luns, 4 de novembro de 2019

PRIMEIRA REUNIÓN

Como anunciamos, o pasado mércores tivemos a primeira reunión do club de lectura, onde comezamos a coñecernos e fixamos que o primeiro libro que imos ler é La fabuladora, de Marisol Ortiz de Zárate. Alimentamos as mentes...




... pero tamén os padais.




mércores, 30 de outubro de 2019

COMEZAMOS!!

Xa comezou o novo curso e, con el, o club de lectura. O mércores teremos a nosa primeira reunión, non o esquezas!!



NOVO CURSO

Un curso máis estamos aquí, polo que convocamos a todo o alumnado para que se anote no club de lectura. Temos moitas actividades preparadas para vós. ANOTÁDEVOS!!

mércores, 26 de xuño de 2019

NOVA CONVOCATORIA

                                                                                               Leave The Office ASAP de Canva

POSTA EN COMÚN E PRESENTACIÓN

O  día  9 de maio reunímonos para realizar unha posta en común sobre  distintas cuestións relacionados coa obra Tras a sombra do bruxo: autor, outras novelas ambientadas no continente africano e aspectos destacados da súa cultura, tradicións  e costumes.



Reflexionamos sobre algúns temas desta obra de ficción e valoramos a súa importancia. De entre todos eles, destacamos: a necesidade do respecto ao medio ambiente, a tolerancia e a solidariedade (valores imprescindibles da nosa sociedade), o respecto á diversidade cultural, a importancia da familia, a amizade, o amor adolescente... 





Na parte creativa, os lectores e lectoras presentaron e comentaron os deseños que plasmaban o máis salientable da obra de Francisco Díaz Villares. 




Para concluír, o alumnado de 4º da ESO realizou unha presentación-sinopse de  O que sei do silencio,  para o resto de compañeiros  e compañeiras do club de lectura. Esta obra espertou grande interese  e permitíunos afondar no tema do acoso escolar desde unha nova perspectiva: a dunha acosadora pasiva.


De novo unha xornada moi especial!👏