martes, 19 de maio de 2015

AMAR E OUTROS VERBOS











     Hoxe tivemos a reunión do Club de Lectura no que falamos das bonitas poesías da escritora Ana María Fernández. A todos os membros parecéronlles fermosísimas.
     Cada neno ou nena leu o poema que máis lle gustou. Entre os poemas que se leron, este foi o  escollido:

           
        AMAR

O amor florece desde dentro,
    en primeira persoa,
    e medra coma irmanciño novo,
    que gabea polos rostros
    e polas mans da xente...
O amor fai ancho o sorriso,
    coma un peirao xigante
    onde atracan os barcos
    cargados de alegrias,
    e arrodéase de flores,
    de paxaros,
    de nubes de algodón   
    e atardeceres de azucre.

    
   
         

                                 Moi ricas as filloas de Laura!
 







Ningún comentario:

Publicar un comentario