martes, 4 de decembro de 2018



GIACOMO MAZZARIOL FALA DA SÚA OBRA


O autor de Mi hermano persigue dinosaurios explica como é  a relación co seu irmán e como esta foi cambiando segundo pasaba o tempo.

Finalizamos a reunión coa presentación e posterior comentario doutras obras literarias protagonizadas por irmáns/irmás.💬

xoves, 22 de novembro de 2018

      A  NOSA PRIMEIRA  PROPOSTA







Unha historia tenra e conmovedora que nos destaca o marabilloso da diversidade. Para escribila, Giacomo Mazzariol, non precisou inventar nada.












O punto de partida da obra foi este vídeo  protagonizado por Gionavani, irmán do autor.
           
 






 


xoves, 8 de novembro de 2018

CLUB DE LECTURA

                     
                                                                                           

PRESENTACIÓN E PRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

O ambiente na biblioteca non podía ser máis acolledor, houbo bica, libros e moito entusiasmo.  Así foi a primeira sesión do Club de Lectura o pasado día 29 de outubro.

Xornada de presentacións tanto para o noso alumnado como para as obras e actividades programadas.

Esperemos que os nosos lectores e lectoras gocen moito coa lectura e, sobre todo, co pracer de compartila no marco dun ambiente agradable e distendido.






Presentacións...
                                         .







                                   

                                      Vivencias literarias... 












     
Creatividade ...


A partir da portada da nosa primeira obra imaxinamos os posibles títulos.💬








mércores, 6 de xuño de 2018


ENCONTRO DE  ALFONSO  PEXEGUEIRO 

CO ALUMNADO DE BACHARELATO DO

CLUBE DE LECTURA DA AUGATECA

OS GRUPOS DE 1º DA ESO



O mércores 30 de maio foi un día moi especial para o IES Pedra da Auga de Ponteareas. O alunado de bacharelato do Clube de Lectura da Augateca e de primeiro da ESO, encontrouse co poeta ponteareán Alfonso Pexegueiro para comentar Blasfemias do silencio (de Seraogna aos Balcáns) e O lago das garzas azuis, respectivamente. 


Falouse de poesía como ferramenta para transformar o mundo, do conceito de poeta como aquel que ve o que outros non ven, da infancia como verdade perdurábel. Foi unha xornada intensa e chea de emocións. 


O termo poeta cobra sentido e medra coa olhada 
inmutabelmente sensíbel de Alfonso Pexegueiro, autor 
fundamental para as nosas letras e a nosa lingua propia ao 
que quixemos reconhecer na súa terra e desde a perspectiva
infanto-xuvenil.

martes, 24 de abril de 2018

SAÍDA DO CLUBE DE LECTURA DA ESO AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA
Na mañá do xoves 19 de abril realizamos unha visita guiada polo Salón, nesta edición, a XIX, dedicada ás mulleres de conto e que conta como país convidado a México, a súa literatura e cultura.










Logo da visita ao Salón, fixemos polas rúas da cidade do Lérez as camiñadas con María Victoria Moreno, un percorrido deseñado por Fina Casalderrey e Ana Acuña, que rememora os diferentes lugares da cidade baixo a perspectiva vital da escritora á que se lle dedican as Letras galegas 2018










luns, 23 de abril de 2018


AS EMOCIÓNS SENTIDAS NA NOVELA TODO O TEMPO DO MUNDO PROTAGONIZARON UNHA NOVA XUNTANZA DO CLUBE DE LECTURA DA ESO 
A emigración
As despedidas 

O 21 DE MARZO MONTSE FAJARDO VISITOU O IES PEDRA DA AUGA PARA COMENTAR INVISIBLES CO ALUMNADO DE BACHARELATO



A tamén autora de Matriarcas e Un cesto de mazás conversou animadamente sobre a súa recente publicación, os relatos do maltrato contidos en Invisibles, unha crónica que causou grande impacto no alumnado, tanto polo xeito realista e descarnado das historias auténticas e veraces que a compoñen, como pola axil naturalidade coa que se narran.

O encontro organizado polo Clube de lectura da Augateca serviu para abrir un vivo debate sobre a violencia a machista, os indicios para a súa identificación e a dimensión acadada pola folga feminista do 8 de marzo.