mércores, 11 de marzo de 2015

LA HISTORIA DE IQBAL



No club estamos a ler este bonito 
libro basado nunha historia real. 
Recomendámovolo!


Vémonos o 24 de marzo na Biblioteca do IES!




luns, 23 de febreiro de 2015

EL CURIOSO CASO DE BENJAMIN BUTTON













 Hoxe falamos deste marabilloso libro de Scott Fitzgerald,   EL CURIOSO CASO DE BENJAMIN BUTTON. Segundo os comentarios dos membros do club, e por unanimidade, resultou ser unha lectura moi atractiva, sinxela e divertida. Gustoulles moito o feito de ser unha novela gráfica. Houbo comentarios interesantes sobre os diferentes comportamentos dos personaxes que convivían co protagonista ao longo da súa estraña vida.


             Moi rico o doce de Jesús!

            
      
                       MOI BEN RAPACES!!!


                             


                                                                                                                                                          


luns, 26 de xaneiro de 2015

BALA PERDIDA





     Nesta reunión tocou falar de BALA PERDIDA, de Manuel Rivas. Bonito libro, moi devertido e que tivo en vilo aos lectores e lectoras do club ata o final.


     Gustoume que o pirata devolvese o tesouro, comentaba unha rapaza mentres que outro respondía, eso demostra que o pirata ten bo corazón.

     Esas foron algunhas das aportacións sobre o libro dos lectores que aínda que son poucos, están moi entregados á causa. Felicidades.



A tarta de queixo con iogur de fresa foi obra de Paloma. RIQUÍSIMA.

venres, 5 de decembro de 2014

LA CANCIÓN DE AMINA




  Nesta reunión do Club falamos da primeira lectura 
A canción de Amina. Foi emocionante ver como estes nenos e nenas disfrutaron dela e como ían aportando os seus puntos de  vista. 
  As súas opinións, por certo moi interesantes, serviron para decatarnos de que a lectura deste libro non foi en balde.
  A valoración desta lectura foi moi boa. Quedaron encantados co libro.
   

                           


           BONITA ESTA PRIMEIRA EXPERIENCIA! 

                                                     

                   ATA A PRÓXIMA!




luns, 3 de novembro de 2014

Let's go!

Aínda que non puidemos estar tod@s, deu comezo o clube de lectura!

Let's go on PhotoPeach