A última sesión do Club de Lectura foi diferente. Falamos do libro, que por certo gustoulles moitísimo, e de seguido tivemos sesión de cine. Como o libro que lemos era o de Hoyos, de Louis Sachar, a película non podía ser outra que "LA MALDICION DE LOS HOYOS", WALT DISNEY.
¡Felicidades a todos e todas por este ano de boa lectura! ¡Felices vacacións!
Xa está entregado o último libro. Antes de que remate o curso teremos a reunión do club para falar del. Ademáis teremos unha sesión de cine. Que peli veremos? Sorpresa!