Hoxe tivemos unha nova reunión do club. Falamos deste marabilloso libro de Francesco D'Adamo inspirado nunha historia real acontecida a fináis do século XX. "É un pouco triste" comentaban ao tempo que dicían que lles parecía tamén moi bonito. Fixeron fincapé no tema principal do libro, a escravitude infantil e falaron dos Dereitos dos nenos e nenas. A valoración da lectura foi moi positiva. O surtido de galletas moi acertado. Bravo!