martes, 10 de novembro de 2015
mércores, 24 de xuño de 2015
HOYOS
A última sesión do Club de Lectura foi diferente.
Falamos do libro, que por certo gustoulles
moitísimo, e de seguido tivemos sesión de cine.
Como o libro que lemos era o de Hoyos, de Louis
Sachar, a película non podía ser outra que
"LA MALDICION DE LOS HOYOS", WALT DISNEY.
¡Felicidades a todos e todas por este ano de boa lectura! ¡Felices vacacións!
Falamos do libro, que por certo gustoulles
moitísimo, e de seguido tivemos sesión de cine.
Como o libro que lemos era o de Hoyos, de Louis
Sachar, a película non podía ser outra que
"LA MALDICION DE LOS HOYOS", WALT DISNEY.
luns, 1 de xuño de 2015
HOYOS
martes, 19 de maio de 2015
AMAR E OUTROS VERBOS

Hoxe tivemos a reunión do Club de Lectura no que falamos das bonitas poesías da escritora Ana María Fernández. A todos os membros parecéronlles fermosísimas.
Cada neno ou nena leu o poema que máis lle gustou. Entre os poemas que se leron, este foi o escollido:
AMAR
O amor florece desde dentro,
en primeira persoa,
e medra coma irmanciño novo,
e polas mans da xente...
O amor fai ancho o sorriso,
coma un peirao xigante
onde atracan os barcos
cargados de alegrias,
e arrodéase de flores,
de paxaros,
de nubes de algodón
e atardeceres de azucre.
Moi ricas as filloas de Laura!
martes, 12 de maio de 2015
AMAR E OUTROS VERBOS
Onte repartimos este marabilloso libro de poemas da autora Ana María Fernández entre os membros do club de lectura. Na próxima reunión traballaremos sobre el. Será a primeira vez que len poesía no club. Penso que a experiencia será boa.
Vémonos!
xoves, 9 de abril de 2015
LA HISTORIA DE IQBAL
Hoxe tivemos unha nova reunión do club.
Falamos deste marabilloso libro de Francesco D'Adamo inspirado nunha historia real acontecida a fináis do século XX.
"É un pouco triste" comentaban ao tempo que dicían que lles parecía tamén moi bonito. Fixeron fincapé no tema principal do libro, a escravitude infantil e falaron dos Dereitos dos nenos e nenas.
A valoración da lectura foi moi positiva.
O surtido de galletas moi acertado. Bravo!
mércores, 11 de marzo de 2015
LA HISTORIA DE IQBAL
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)