Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de abril de 2018

O 21 DE MARZO MONTSE FAJARDO VISITOU O IES PEDRA DA AUGA PARA COMENTAR INVISIBLES CO ALUMNADO DE BACHARELATO



A tamén autora de Matriarcas e Un cesto de mazás conversou animadamente sobre a súa recente publicación, os relatos do maltrato contidos en Invisibles, unha crónica que causou grande impacto no alumnado, tanto polo xeito realista e descarnado das historias auténticas e veraces que a compoñen, como pola axil naturalidade coa que se narran.

O encontro organizado polo Clube de lectura da Augateca serviu para abrir un vivo debate sobre a violencia a machista, os indicios para a súa identificación e a dimensión acadada pola folga feminista do 8 de marzo.





xoves, 18 de xaneiro de 2018



ENCONTRO CON ANA CABALEIRO, AUTORA DE 

“SAPOS E SEREAS”, NO IES PEDRA DA AUGA

O vindeiro luns 22 de xaneiro ás 17:10 na Augateca teremos un encontro da escritora Ana Cabaleiro co alumnado do Clube de Lectura de Bacharelato, unhas das voces máis sorprendentes da nosa literatura, quen se estreou na primavera de 2017 coa publicación de “Sapos e Sereas” . Un conxunto de relatos que deconstrúen os tópicos literarios desde a igualdade, e que conta xa con varias edicións debido á súa orixinalidade e dinamismo narrativo.