Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de xuño de 2018


ENCONTRO DE  ALFONSO  PEXEGUEIRO 

CO ALUMNADO DE BACHARELATO DO

CLUBE DE LECTURA DA AUGATECA

OS GRUPOS DE 1º DA ESO



O mércores 30 de maio foi un día moi especial para o IES Pedra da Auga de Ponteareas. O alunado de bacharelato do Clube de Lectura da Augateca e de primeiro da ESO, encontrouse co poeta ponteareán Alfonso Pexegueiro para comentar Blasfemias do silencio (de Seraogna aos Balcáns) e O lago das garzas azuis, respectivamente. 


Falouse de poesía como ferramenta para transformar o mundo, do conceito de poeta como aquel que ve o que outros non ven, da infancia como verdade perdurábel. Foi unha xornada intensa e chea de emocións. 


O termo poeta cobra sentido e medra coa olhada 
inmutabelmente sensíbel de Alfonso Pexegueiro, autor 
fundamental para as nosas letras e a nosa lingua propia ao 
que quixemos reconhecer na súa terra e desde a perspectiva
infanto-xuvenil.

luns, 23 de abril de 2018

O 21 DE MARZO MONTSE FAJARDO VISITOU O IES PEDRA DA AUGA PARA COMENTAR INVISIBLES CO ALUMNADO DE BACHARELATO



A tamén autora de Matriarcas e Un cesto de mazás conversou animadamente sobre a súa recente publicación, os relatos do maltrato contidos en Invisibles, unha crónica que causou grande impacto no alumnado, tanto polo xeito realista e descarnado das historias auténticas e veraces que a compoñen, como pola axil naturalidade coa que se narran.

O encontro organizado polo Clube de lectura da Augateca serviu para abrir un vivo debate sobre a violencia a machista, os indicios para a súa identificación e a dimensión acadada pola folga feminista do 8 de marzo.





xoves, 18 de xaneiro de 2018



ENCONTRO CON ANA CABALEIRO, AUTORA DE 

“SAPOS E SEREAS”, NO IES PEDRA DA AUGA

O vindeiro luns 22 de xaneiro ás 17:10 na Augateca teremos un encontro da escritora Ana Cabaleiro co alumnado do Clube de Lectura de Bacharelato, unhas das voces máis sorprendentes da nosa literatura, quen se estreou na primavera de 2017 coa publicación de “Sapos e Sereas” . Un conxunto de relatos que deconstrúen os tópicos literarios desde a igualdade, e que conta xa con varias edicións debido á súa orixinalidade e dinamismo narrativo.

martes, 16 de xaneiro de 2018

Conversas sobre o Mecanoscrito da Segunda Orixe


CONVERSAS SOBRE O MECRANOSCRITO

DA SEGUNDA ORIXE




O Clube de Lectura da ESO Augateca mantivo o xoves 11 de xaneiro unha xuntanza para analizar, conversar e compartir a lectura da novela de Manuel de Pedrolo. Esta metáfora das outras vidas que podería ter a humanidade , os descruburmentos da adolescencia, a destrución da vida por causa extraterrestre e as ansisas de supervivencia, centraron os comentarios do alumnado.

Os integrantes do Clube discutiron sobre os valores que transmite este supervendas da literatura catalá, traducido ao galego por María Vitoria Moreno, a autora á que se lle dedican as letras galegas deste ano. Temas como a supervivencia, a importancia de adquirir coñecementos, o racismo e a intolerancia, a bondade, a amizade e o amor.

Comparouse a historia vivida polos personaxes protagonistas Alba e Dídac con series como The Walking dead ou Perdidos e realizáronse varias actividades como unha listaxe daquelas cousas imprescindíbeis que se recollerían para porse a salvo e sobreviviren, os tres libros preferidos que marcaron ao alumnado e que preservarían nunha biblioteca do futuro, a posibilidade de que haxa vida noutros planetas ou a incerteza de como será o horizonte para o planteta Terra e a humanidade por causa da contaminación, o cambio climático, etc.

xoves, 21 de decembro de 2017


Sapos e Sereas de Ana Cabaleiro é a lectura de Nadal do Clube de Lectura de Bacharelato


Este conxunto de relatos son a estrea literaria da autora silledá, unha voz especialmente singular dentro da nosa literatura e que nos vai agasallar, no futuro, páxinas coa mesma potencia literaria coma as que temos neste mollo de relatos. Neste volume nada é o que parece. A autora disponse a darlle a volta a moitas historias que pensabamos que só se podían contar dunha maneira. E, grazas á súa ollada nova, descubrimos que hai moitos sapos que non merecen saír da fochanca, que hai Sereas atrapadas en destinos tráxicos e que a realidade é, cando menos, cuestionable. Mellor dito, que hai que a cuestionar

Fonte. Editorial Galaxia.



CADERNO DA CRÍTICA. Blogue de Ramón Nicolás... 
É sempre moi grato ler unha achega narrativa dunha autora que comeza o seu camiño e aínda máis cando esta estrea leva aparellada unha indubidable brillantez literaria. Sapos e sereas testemuña a aparición dunha voz que confío chegue para quedar e poida ofrecer no futuro máis probas do seu traballo. Polo de agora este volume supón unha excelente carta de presentación que ben se pode entender como unha colectánea de relatos ou se se quer, pois en cuestións de xéneros literarios todo é discutible, unha novela ao abrazar internamente liñas argumentais que dalgún xeito se interfiren e que magmatizan a totalidade do seu contido.
Dun ou doutro xeito, esta proposta da Ana Cabaleiro tripa camiños pouco convencionais e, por outro lado, exhibe un proceso de creación madurado e conscientemente activo ao peneirar todos os argumentos recreados cun cribo que permite obter unha visión diferente dos que son pequenas ou grandes historias, abordando lugares comúns ou non tanto, sexan tirados da mitoloxía ou da vida cotiá, reparando na adecuación desas respostas colectivas e individuais que chegaron ata nós as máis das veces cunha lectura unívoca e olladas tan só desde a perspectiva patriarcal. Neste libro hai moita vida e, como tal, latexa nel de punta a couce unha vontade de cuestionarse a razón última -se a hai- das cousas que non son porque si, dos comportamentos, das actitudes, dos pequenos xestos da vida cotiá que por veces acadan, ou poden acadar, consecuencias inesperadas.
Gústame ver este «Sapos e sereas» como un proxectil -acompañado de humor e ironía en moitas ocasións, tamén con moito coidado depositado no rexistro que se emprega- que atravesa a toda a velocidade a liña de flotación dos estereotipos, os clixés, as convencións sociais ou os prexuízos máis daniños. Impacta neles con acerto e só agarda que sexamos activos e que, talvez, saibamos responder. Contra ese estado de narcolepsia que adormece ofrece reflexión e suxire reacción. Talvez por iso sexa un libro que me gustou tanto.

Esta reseña publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, o 21 de abril de 2017.

xoves, 2 de novembro de 2017

1ª xuntanza do Clube de lectura


Presentación e primeira xuntanza do Clube

de Lectura da Augateca o pasado xoves 28

de outubro

Nel participan máis dunha vintena de alumn@s de 1º, 2 e 3º da ESO con moita vontade de ler e descubrir novas realidades dentro e fóra das lecturas. Cantos MÁIS LIBROS leamos, MÁIS LIBRES seremos.



Mecanoscrito da segunda orixe é a novela escollida 

para o primeiro trimestre

Autor: Manuel de Pedrolo. Tradución María Victoria Moreno. Edotorial Galaxia. Colección Costa Oeste.

Sinopse: Conta a historia de Alba e Dídac, dous rapaces que sobreviven a unha catástrofe que fai do mundo un lugar desolado e infernal. Desde o espanto dos primeiros momentos, a parella irá evoluíndo e adaptándose ao novo contorno até facer do amor o acontecemento central das súas vidas.

ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE

Terán lugar na Biblioteca os días 1 e 21 de decembro e 11 de xaneiro de 2019. Promoveremos o debate, visionaremos unha película e faremos unha introdución á autora das Letras Galegas 2018:

. 1/12/2017: Debate reflexivo sobre a novela, temas e valores que trata en transmite: o coñecemento, o racismo e a intolerancia, a bondade, a amizade e o amor.
.21/12/2017: Analizaremos o libro co visionado da mediametraxe catalá homónima Mecanoscrit del segon origen (https://www.youtube.com/watch?v=Hb5J-aBXEEU).
.11.01/2018: Combinaremos o lido coa pesquisa de información e documentación, xa no inicio do curso, da autora María Victoria Moreno, tradutora no seu tempo desta novela ao galego, e escritora á que se lle dedican as letras galegas 2018. 
 

xoves, 30 de marzo de 2017

Clebración da 3ª reunión do club de lectura

O PASADO VENRES 24 DE MARZO CELEBROUSE NA BIBLIOTECA NO IES PEDRA DA  AUGA A 3ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA.


DISFRUTAMOS COA DERRADEIRA ENTREGA DA CRÓNICA DE LA TORRE.


O CLUB DE LECTURA CONTINUARÁ NA 3ª AVALIACIÓN CON NOVOS LIBROS E NOVOS ALUMNOS QUE PARTICIPARÁN NAS SEGUINTES REUNIÓNS.

OS PRÓXIMOS LIBROS ESCOLLIDOS SON:

UNHA DOBLE VERSIÓN DA MESMA HISTORIA CONTADA POLO PROTAGONISTA E POLA PROTAGONISTA. NON A PODES DEIXAR DE LER!!!!!!
                    

mércores, 8 de marzo de 2017

17 de Marzo 3ª reunión club de lectura






O PRÓXIMO DÍA 17 DE MARZO CELEBRARASE A 3ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA.


OS NOSOS ALUMNOS DE 2º ES E 4º ESO ACABARÁN COA SAGA CRÓNICAS DE LA TORRE. 

COMEZAREMOS A PREPARAR A NOVA LECTURA ESCOLLIDA.......VEN E DESCOBRE CAL É.......



xoves, 2 de marzo de 2017

3ª reunión do Club de lectura.


NESTE MES DE MARZO CELEBRARASE A 3ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA. 

TERMINAREMOS COA TRILOXÍA DA CRÓNICA DE LA TORRE, La llamada de los muertos.

Aún estás a tempo de poder participar, so tes que coller o libro na biblioteca e disfrutarás de todo o mundo máxico de Dana e Kai. 

mércores, 15 de febreiro de 2017

2ª REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA


O pasado venres 10 de febreiro celebrouse  na AUGATECA a 
segunda reunión do club de lectura
cos alumnos de   2º e 4º ESO.


DISFRUTAMOS DUN CHOCOLATE QUENTIÑO E DAS AVENTURAS E EXPERIENCIAS VIVIDAS POLOS ALUMNOS A TRAVÉS DA LECTURA DA MALDICIÓN DO MAESTRO.
Gustoulles tanto que xa comezaron a ler a terceira parte da triloxía: la llamada de los muertos.


DENTRO DUN MES VOLTAMOS COA ÚLTIMA ENTREGA DA CRÓNICA DE LA TORRE.

luns, 3 de novembro de 2014

Let's go!

Aínda que non puidemos estar tod@s, deu comezo o clube de lectura!

Let's go on PhotoPeach