venres, 27 de novembro de 2015

PRIMEIRO LIBRO: O CURIOSO INCIDENTE DO CAN Á MEDIA NOITE




                                       
Primeiro libro:
 
Data de reunión: 12 de xaneiro


 



Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenadas







mércores, 24 de xuño de 2015

HOYOS

A última sesión do Club de Lectura foi diferente. 
Falamos do libro, que por certo gustoulles 
moitísimo, e de seguido tivemos sesión de cine. 
Como o libro que lemos era o de Hoyos, de Louis 
Sachar, a película non podía ser outra que 
"LA MALDICION DE LOS HOYOS", WALT DISNEY.


 ¡Felicidades a todos e todas por este ano de boa lectura! ¡Felices vacacións!


luns, 1 de xuño de 2015

HOYOS

       




     Xa está entregado o último libro. Antes de que remate o curso teremos a reunión do club para falar del. Ademáis teremos unha sesión de cine. 
          
               Que peli veremos?  Sorpresa!
 
                    

                          Haberá palomitas!         



                             
   

martes, 19 de maio de 2015

AMAR E OUTROS VERBOS











     Hoxe tivemos a reunión do Club de Lectura no que falamos das bonitas poesías da escritora Ana María Fernández. A todos os membros parecéronlles fermosísimas.
     Cada neno ou nena leu o poema que máis lle gustou. Entre os poemas que se leron, este foi o  escollido:

           
        AMAR

O amor florece desde dentro,
    en primeira persoa,
    e medra coma irmanciño novo,
    que gabea polos rostros
    e polas mans da xente...
O amor fai ancho o sorriso,
    coma un peirao xigante
    onde atracan os barcos
    cargados de alegrias,
    e arrodéase de flores,
    de paxaros,
    de nubes de algodón   
    e atardeceres de azucre.

    
   
         

                                 Moi ricas as filloas de Laura!
 







martes, 12 de maio de 2015

AMAR E OUTROS VERBOS



Onte repartimos este marabilloso libro de poemas da autora Ana María Fernández entre os membros do club de lectura. Na próxima reunión traballaremos sobre el. Será a primeira vez que len poesía no club. Penso que a experiencia será boa.
                               Vémonos!